As matronas galegas reivindican a súa presenza en todos os centros de saúde
No día internacional da matrona, as profesionais galegas reivindican a súa capacidade para coidar da saúde da muller ao longo de toda a vida e non só durante o embarazo e o parto. Din que todos os centros de saúde deberan contan con este servizo.
Fóra do paritorio o labor da matrona é algo descoñecido, por iso As Nacións Unidas fixan este día internacional. Trátase de visibilizar a importancia do seu traballo no coidado da saúde da muller ao longo de toda a vida.
As matronas galegas reivindican a súa presenza en todos os centros de saúde. Piden tamén que se recoñezan as súas competencias na formación sexual da mocidade. Ante a tendencia de volver parir na casa, recomendan que a muller se poña en contacto con matronas profesionais e evite os riscos de acudir a outras persoas sen a formación acaida.