CRTVG

Buscar

As mascotas poderían viaxar cos seus donos nos autobuses urbanos de Vigo

Publicado o 13/11/2019 19:13
As mascotas poderían viaxar cos seus donos nos autobuses urbanos de Vigo

O novo regulamento elaborouse tendo en conta unha enquisa realizada entre os usuarios. Mascotas de tamaño pequeno baixo custodia dos seus donos e bicicletas e patíns que se poidan encartar tamén poderán viaxar nos autobuses urbanos de Vigo. Son as novidades dun regulamento que aínda ten que ir ao pleno.

Pola celebración de acontecementos especiais, como o festival Marisquiño, a norma podería ampliarse a máis modalidades. Na necesidade de máis horarios nocturnos si que hai coincidencia de opinións. 

A normativa está baseada nunha enquisa realizada entre un cento de usuarios e oficializa as paradas a demanda para mulleres, que se puxeron en marcha en Vigo en 2018, por primeira vez en Galicia. 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019