CRTVG

Buscar

As máscaras son xa unha peza de moda

Publicado o 27/05/2020 21:15

Visionaria ou casualidade, a firma española Cherry Massia presentaba na Madrid Fashion Week deste pasado mes de marzo as súas propostas. Pezas curtas, lixeiras, transparencias... acompañadas xa de máscaras no rostro.

Só dous meses despois, as máscaras son unha realidade de uso obrigatorio e unha realidade tamén no mundo da moda. A demanda e o negocio acabou por impoñelas. As grandes firmas non tardaron, máscaras de Fendi ou Luis Vuitton que rozan os 200 euros completamente esgotadas, Gucci, máscaras personalizadas, extravagancias... Os ollos dos modistos puxeron a agulla nas máscaras.

Estas que ven son creacións do deseñador galego residente en Marbella Esteban Freiría. El non o dubidou.

Homenaxe que Freiría lle fai tamén ao encaixe de Camariñas.

Un complemento máis que chegou para quedar e que no caso de Esteban Freiría están inspirados na vida. A moda é vida e a vida nestes tempos vén marcada polo coronavirus.



 

Noticias web

27/05/2020