CRTVG

Buscar

As mariscadoras de Noia cren que esta campaña aínda será mellor que a pasada

Publicado o 02/12/2019 14:43

Son as once da mañá na praia do Testal. A marea comeza a baixar. Aínda queda hora e media para que o faga de todo e as mariscadoras xa están aí, cun vento xeado, agardando para poñerse a traballar cos seus raños as case tres horas que teñen por diante e intentar alcanzar o seu cupo de berberecho e ameixa. É o día a día da campaña marisqueira que comezou en setembro e que leva trazas de ser das mellores dos últimos anos. "Eu penso que será mellor ca pasada", di Marisol Amado, presidenta de mariscadoras a pé da Confraría San Bartolomé de Noia.

"Temos unha campaña estupenda, marisco temos moitísimo, e o marisco é de calidade, evidentemente, que é o marisco e Noia. O marisco é grandísmo, polo menos para nós, para os de a pé normalmente soe ser mellor marisco que os de a frote."

Este ano non se está a pagar moito o berberecho de segunda e anda case aos mesmos prezos que os de terceira ou cuarta, escasos na lonxa porque os están deixando no mar para que sigan medrando. O berberecho de primeira vai hoxe a 17 euros e os resto roldan os 5 euros. Para a inminente campaña de Nadal, as vendas máis fortes son as de ameixa. Agora mesmo a ameixa fina está entre os 30 e os 67 euros, que doadamente poden chegar aos cen en dúas semanas. Marisco e traballo de calidade que xa esperta a curiosidade da alta cociña internacional. "Viñeron uns xaponeses con estrelas Michelin cunha chica de Santiago para ver como traballabamos".

O marisco que apañan estas arredor de 1.500 mariscadoras da confraría de Noia ten selo de calidade desde hai dous anos e o seu proxecto de explotación conxsunta entre Muros e Noia quedou finalista nos premios de Economía Azul, seleccionado polos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/12/2019