CRTVG

Buscar

As mareas vivas das rías galegas de outubro deixan ao descuberto tesouros naturais

Publicado o 18/10/2020 14:00

As mareas vivas, as que deixan nun só día o nivel máximo e mínimo de auga nas rías galegas, regálannos imaxes coma estas, de hai unhas horas na ría de Vigo con diferenzas entre a baixamar e a preamar de ata catro metros.

Isto que ven é a enseada de San Simón. A baixamar da 10:48 horas da mañá deixa ao descuberto os mergulladores do Nautilus de Verne rescatando cofres de ouro e prata do fondo do mar. Deixa paseantes que queren ver e grupos turísticos organizados.

Falabamos con Lolo, un afeccionado á pesca da robaliza e do sargo, que di que ten máis capturas nestas secas. Agora viaxamos á ría de Arousa, a Cambados. As mariscadoras cóntannos que con esta baixamar extraen as mellores navallas.

Algúns científicos afirman que se un asteroide impactara na superficie da lúa a terra podería ser sacudida por unha sucesión de inmensos tsunamis. Porque a gravidade da lúa atrae os océanos.

Noticias web

18/10/2020