CRTVG

Buscar

As mareas de Ferrol, divididas en tres listas para as municipais

Publicado o 28/03/2019 19:38

Podemos desmárcase de Ferrol en Común. Non se integrará na candidatura do alcalde Jorge Suárez, pero tampouco competirá contra el cunha lista alternativa. 

"Podemos tiña que sentirse representado e cómodo, pero non se deron as condicións", asegurou o secretario xeral de Podemos Ferrol. 

Pero o alcalde está convencido de que aínda que de xeito colectivo adoptaran esta decisión, os integrantes de Podemos apoiarán e participarán na campaña das municipais con Ferrol en Común.

Tampouco irá na candidatura do actual alcalde a xente de En Marea. Sumaranse á lista da Marea de Ferrol. Luis Villares di que é consecuencia da fractura con Podemos e Esquerda Unida, da que responsabiliza os que toman as decisións desde Madrid.

"Lamentámola pero, en todo caso, traballamos activamente con quen quere traballar con nós. O espazo en que hoxe nos referenciamos con plenitude de identificación e de simpatía e coa Marea de Ferrol, sen que iso supoña que outras forzas políticas que concorran as eleccións sexan forzas adversas. É máis, aspiramos a compoñer maiorías postelectorais", afirmaba o líder de En Marea.

Ademais de Ferrol en Común e da Marea de Ferrol tamén se presenta as municipais na cidade departamental Xuntos Actúa, encabezada polo ex-líder de Ferrol en Común Carlos del Río.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/03/2019