CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

As marchas da dignidade protestan no Obradoiro contra o os recortes, a desigualdade e a pobreza

Publicado o 29/11/2014 14:44
As marchas da dignidade ocuparon hoxe a praza do Obradoiro para protestar contra os recortes, a desigualdade e a pobreza
Milleiros de persoas procedentes de toda Galicia achegáronse hoxe a Santiago en sinal de descontento fronte ás políticas de austeridade e os recortes sociais que está a impoñer o goberno.
Baixo o berro "pan, traballo e teito" os asistentes defendían que todos os cidadáns deberían ter dereito a un emprego e unha vivenda digna.
Centos de bandeiras ondearon na praza do Obradoiro no que foi unha xornada para a loita, para a rebeldía e, sobre todo, para a defensa das liberdades cidadás.
Os organizadores continuarán chamando á mobilización masiva, e mesmo confirmaron outra data para unha nova protesta.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí