CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

As "Marchas da Dignidade" percorren cidades galegas

Publicado o 26/02/2014 21:13

Varias manifestacións en apoio da "Marcha da Dignidade" percorreron distintas localidades galegas. Celebráronse ás oito da tarde en Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense e Vilagarcía. Estas marchas, convocadas por distintos colectivos en toda España, protestan contra unha situación de "urxencia social". Os representantes das plataformas instaron os cidadáns a dar un golpe de voz para reconquistar os dereitos que, segundo din, están sendo roubados polo Goberno. Todas as marchas converxerán o vindeiro 22 de marzo en Madrid.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

26/02/2014