CRTVG

Buscar

As máquinas quitaneves pasan acotío para manter limpas as estradas de Lugo e Ourense

Publicado o 13/01/2018 15:25

As condicións meteorolóxicas están a condicionar a circulación por estrada. Ao longo da mañá rexistráronse saídas de vías polas sarabiadas. A neve está a dificultar tamén a circulación pola A-52 ao seu paso pola Gudiña e A Mezquita onde os vehículos tiveron que reducir a velocidade. Tamén en estradas secundarias da montaña lucense e ourensá onde a neve amoreada chega nalgúns lugares aos trinta centímetros. Dende Tráfico recomendan nesas zonas levar os coches con cadeas.

O paso constante das máquinas quitaneves favorecen a circulación polo Cebreiro, pero a veces son os coches os que impiden que as vías se podan limpar. 

Vir preparado é fundamental para non quedar trancado pola neve, pero poucos son os que toman precaucións. 

A capa de neve no Cebreiro ronda os trinta centímetros, é neve da noite e de días pasados. O principal perigo hoxe é que se esvara con moita facilidade. 

En vías secundarias, as máquinas quitaneves da Deputación de Lugo están a traballar para limpar os camiños de neve e xeo. Para as próximas horas agárdase que a cota de neve descenda ata os mil metros e o domingo chegará aos cincocentos. Fin de semana que se presume branco así que tomen precaucións para evitar sorpresas por mor da neve.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018