As máquinas do treito da AP-53 entre Lalín e Silleda cobran un euro máis do debido
Aos usuarios que empregan a autoestrada para circular polo treito entre Lalín e Silleda poderían estar cobrándolles de máis. A suposta irregularidade detectouna un dos seus usuarios que é, ademais, tenente de alcalde no concello de Lalín. Decatouse de que as máquinas expendedoras lle estaban a cobrar un euro máis do establecido. Hoxe os condutores amosábanse sorprendidos e indignados a un tempo.
O treito entre Lalín e Silleda custa, segundo a páxina oficial da empresa concesionaria da autoestrada, 2,45 euros. Pero as máquinas expendedoras están cobrando 3,60. Unha diferenza de máis dun euro. A irregularidade detectouna un dos seus usuarios, Nicolás González, que é, ademais, tenente de alcalde no concello de Lalín. Os condutores hoxe non daban crédito.
Televisión de Galicia púxose en contacto coa empresa concesionaria, polo de agora, sen obter resposta. O treito entre Lalín e Silleda é un dos máis caros de España. O establecido pola concesionaria é que se paguen 2,45 euros por percorrer pouco máis de oito quilómetros. Uns prezos que moitos dos usuarios consideran abusivos.