CRTVG

Buscar

As mal chamadas terapias "alternativas" causan cada ano centos de morte en España

Publicado o 02/02/2019 14:00

Malia que o groso da poboación asegura confiar maioritariamente na medicina convencional, preto dun 60% cre que a acupuntura funciona e preto dun 53% considera que os produtos homeopáticos son efectivos. Non son os únicos datos, un de cada cinco españois empregou a homeopatía ou a acupuntura, e preto de dous millóns usarónos en substitución dos tratamentos médicos. Destas pseudoterapias imos falar con Manuel Antonio Herrador, profesor da UDC e socio da Asociación para Protexer o Enfermo das Terapias Pseudocientíficas.

Noticias web

02/02/2019