Zigzag Diario
As máis recentes creacións artísticas de Pepe Galán, despois dunha ausencia
Publicado o 18/04/2018 17:01
O artista coruñés Pepe Galán deuse a coñecer nos anos 80, nos grupos artísticos A Galga e Gruporzán. A súa obra transitou polo tecido en volume, o metal, materiais translúcidos e cartón. Con 'Á volta dunha ausencia' amósanos ese camiño que vai de onte a hoxe.