CRTVG

Buscar

As lonxas de Arousa e Pontevedra baten marcas e facturan máis de 95,4 millóns

Publicado o 02/01/2019 22:24

O 2018 foi un bo ano para as lonxas das rías de Arousa e Pontevedra. Aínda teremos que esperar uns días para coñecer as cifras definitivas, pero todo parece indicar que compensarán a baixada de descargas cunha facturación moi superior á do ano anterior.

As lonxas da ría de Pontevedra pecharon o ano batendo marcas, tras facturar máis de 15,4 millóns de euros. Tampouco lles foi mal aos puntos de primeira venda da ría de Arousa; no 2018 ingresaron preto de 80 millóns de euros, máis da metade na lonxa de Ribeira.

Estas boas cifras non son extrapolables ao resto da comunidade, xa que se nos fixamos no cómputo xeral as vendas nas lonxas galegas baixaron máis de oito puntos respecto ao ano anterior. Para este ano que comeza, dende a lonxa de Ribeira piden seguir mellorando en descargas e en vendas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2019