CRTVG

Buscar

As listas de espera redúcense na sanidade pública galega con respecto ao ano pasado, segundo o Sergas

Publicado o 27/07/2021 15:33

As listas de espera redúcense na sanidade pública galega con respecto ao ano pasado, segundo os datos do Sergas. 

Para operarse na sanidade pública galega hai que agardar, de media, 70 días, 30 menos que o ano pasado nas mesmas datas. O plan de recuperación da actividade sanitaria posto en marcha pola Xunta tras o pico da pandemia está permitindo recortar as listas de agarda en todas as áreas sanitarias. No caso dos enfermos máis urxentes, a espera para operarse redúcese a 14 días, dous menos que hai un ano.

Os enfermos con cancro agardan de media menos de 5 días para seren atendidos. Isto é, un día e medio menos do que agardaban hai un ano. O tempo de espera deste 2021 é o máis baixo dende que o Segas puxo en marcha as chamadas vías de acceso rápido para pacientes oncolóxicos.

As listas de espera para as primeiras probas diagnósticas desdenderon en 40 días con respecto ao ano pasado. Tamén se reduciron os tempos para as primeiras consultas. Na Atención Primaria, máis do 85 % dos médicos atenden os seus pacientes en menos de 4 días.

Noticias web

27/07/2021