CRTVG

Buscar

As liortas e agresións aumentan no Orzán, principalmente pola noite

Publicado o 17/07/2019 14:36

Preocupados, pero tamén con medo. Así din que están os veciños do Orzán tras ver estas imaxes que amosan a reacción violenta dun home que golpea en reiteradas ocasións varias mulleres e, polo menos, a unha delas provócalle feridas con sangue na cara.

"Cando vin o vídeo puxéronseme os pelos de punta. Deume vergoña, pero tamén moito medo".

Comentan tamén que lles chamou moito a atención que só unha das persoas que estaban presenciando a agresión ás portas deste local intentara, nun primeiro momento, parar a agresión.

"E é que tamén me parece faltal que ninguén fixera nada... Miraban e non facían nada...".

Polo momento non hai ningunha persoa detida, pero a Policía Nacional xa está coa investigación.

Manuel Vázquez, xefe superior da Policía Nacional: "Estamos investigando, tomándolles declaracións ás testemuñas...".

Para evitar que episodios violentos coma este se repitan, desde o Concello explicaron que van incrementar a vixilancia policial no barrio do Orzán.

Noticias web

17/07/2019