CRTVG

Buscar

As limusinas, obxecto de desexo para festexos de luxo

Publicado o 23/10/2019 15:49

A ostentación norteamericana adoita ser así de longa. "A limusina mide 8,60 metros".

E hai quen a aluga para pasear por Galicia. A ilusión de entrar no espello do luxo leva xa un tempo aquí: "Dende hai agora 14 anos coa primeira limusina, un servizo que aquí non se ofrecía".

Antes do paseo, preguntámonos canta xente cabe dentro: "Un máximo de oito persoas. É o que está permitido por lei".

A aventura adoita consistir nun paseo dunha hora con botella de cava: "Hai pouco fíxose unha primeira comuñón e os nenos levaban champañá infantil". "Máis frecuente é polos 18. A maioría de idade, un aniversario especial".

Aniversarios de todo tipo, vodas, despedidas, son o máis habitual. E chamar a atención da rúa tras os cristais pintados, nun ambiente de intimidade que nunca se desvela: "Hai de todo...".

Nada de preguntralle ao chofer, porque o que pasa na limusina... "queda na limusina".

Antes eran desexo de artistas, pero agora os artistas demandan furgonetas negras.

Noticias web

23/10/2019