CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

As letras galegas homenaxean a María Victoria Moreno, unha anovadora da literatura infantil e xuvenil

Publicado o 17/05/2018 14:52
Queremos coñecer agora unha pouco máis da figura de María Victoria Moreno. Unha muller nacida en Estremadura pero que foi por vontade propia unha escritora galega que anovou e dignificou a literatura infantil e xuvenil. Varias xeracións de rapaces galegos gozaron de libros como 'Anagnórise'. Así era María Victoria Moreno e as súas obras.







Naceu en Valencia de Alcántara en 1939, filla dunha malagueña e un toledano.
Antes de chegar a Galicia, co seu primeiro marido viviu en Estremadura, Segovia, Madrid e Barcelona.
Foi profesora nos institutos de Lugo e Pontevedra, a cidade onde viviría máis tempo.
O seu compromiso co ensino da lingua galega provocaría que as autoridades franquistas lle denegaran o pasaporte en 1974.
Un ano antes, con 'Mar Adiante' converteríase nunha escritora galega. Máis tarde consagraríase con 'Leonardo e os fontaneiros', a súa novela máis querida e pola que acadou o terceiro premio Barco de Vapor.
'Anagnórise' pódese considerar o seu grande éxito. Varias xeracións de rapaces galegos leron esta novela que introduce novos temas coma a droga.
En 1987 o cancro sacode a súa vida. As súas experiencias foron narradas nun emocionante libro, 'Diario da luz e a sombra'.
Aínda publicaría obras como 'Guedellas de seda e liño'.
O libro de Poemas 'Elexías de luz' foi publicado a título póstumo.
Cando morre un novembro do 2005 deixara un feixe de contos e novelas que a consagran como unha das anovadoras da literatura galega.