CRTVG

Buscar

As lapas devoran a histórica biblioteca da Universidade de Cidade do Cabo

Publicado o 19/04/2021 08:43
As lapas devoran a histórica biblioteca da Universidade de Cidade do Cabo

Un incendio forestal destrúe edificios históricos da Universidade de Cidade do Cabo en Suráfrica. As lapas orixináronse nas abas da montaña da Mesa que rodea a cidade e alcanzaron, entre outros inmobles, a mítica biblioteca Jagger, que albergaba valiosas coleccións de libros antigos e manuscritos.

Os estudantes tiverons que ser evacuados das residencias. Ata catro helicópteros e máis de 120 bombeiros despregáronse na zona para intentar sufocar o lume.

Noticias web

19/04/2021