CRTVG

Buscar

A cociña galega explora as múltiples posibilidades das landras

Publicado o 06/11/2019 23:24

En plena recuperación de antigos costumes, a recollida de landras e posterior inxestión gaña terreo. Non é de estrañar, hai datos científicos que constatan que na era prerromana os celtas comíanas. Hoxe en día, este alimento asociado aos porcos, chega mesmo ata a alta cociña.

E algo deberiamos sospeitar os que somos do Clube da Galega. O porco bravo máis humano de todos os porcos xa se alimentaba con zume de landra. Se cadra, para emular a tan querida icona, hai anos que estudan os valores nutricionais deste alimento ata o de agora asociado aos porcos.

Segundo un artigo recente do Wall Street Journal en Corea do Sur hai unha auténtica febre polo consumo de landras. Apunta este diario que teñen propiedades antioxidantes e antiinflamatorias. No país tal febre polas landras aínda non chegou pero, tempo ao tempo; un dos nosos mellores cociñeiros xa as utiliza na súa cociña. 

E chegaron, velaquí o resultado, fariña de landras. Iso si, cómpre ter en conta esta recomendación. Tal vez só hai que afacerse ao sabor, un sabor tan novo como antigo. 

Noticias web

06/11/2019