CRTVG

Buscar

As ITV comprobarán os sistemas de control de emisións a partir de hoxe

Publicado o 10/09/2018 14:10

As ITV comezan hoxe a aplicar parte das medidas recollidas no novo decreto lei de maio deste ano, as que se refiren aos sistemas de control de emisións.Polo momento só afectan un número limitado de vehículos porque a maioría son para motores montados a partir do ano 2011.

As inspeccións técnicas de vehículos coma esta de Espiritu Santo, na Coruña, endurecen as revisións dos vehículos implantando dende hoxe algunhas medidas do último decreto lei. Coches fabricados dende 2006 poden verse afectados aínda que a maioría son de vehículos a partir de 2011.

A maior parte do parque mobil polo tanto non se vai ver afectada polo momento xa que o estar exento os primeiros catro anos e pasar a inspección cada dous son relativamente poucos os que hoxe se lles realizaron estas novs probas. Iso si irán medrando cada ano e ademáis os controis serán tamén máis amplos.

A entrada en vigor destas medidas ten coma proposito ultimo controlar mellor os elementos dos vehículos para tratar así de diminuir o número de accidentes e favorecer un menor impacto medioambiental.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2018