CRTVG

Buscar

Apuntan á nai do neno de catro anos como autora do homicidio en Azpeitia

Publicado o 24/07/2019 19:02

O suceso ocorreu nunha casería da localidade guipuscoana de Azpeitia cando na vivenda só estaban a nai e o pequeno de catro anos. Foi a avoa do neno quen ao entrar na casa o atopou morto na bañeira. Chamou os servizos de urxencias.

Os sanitarios trataron de reanimar o pequeno pero xa non puideron facer nada por el. A Ertzaintza investiga o caso como un presunto homicidio e as súas sospeitas apuntan á nai quen tivo que ser ingresada nun hospital como consecuencia das feridas que se autoinflixiu.

Algúns veciños apuntan a que a muller padece depresión. Está ingresada na unidade de coidados intensivos pero a súa vida non corre perigo. Á espera do que determine a autopsia os primeiros indicios apuntan a que o neno morreu afogado.

 

Noticias web

24/07/2019