CRTVG

Buscar

As inundacións en Navarra deixan un morto e a declaración de zona catastrófica

Publicado o 09/07/2019 21:37

As imaxes gravadas pola Garda Civil en Navarra falan por si mesmas das chuvias torrenciais que anegaron estradas e vilas enteiras. Así amencían localidades como Olite e Tafalla, algunhas das que sufriron máis danos. Coches que se converteron en barcos e unha chea de estragos en vivendas, negocios e cultivos.

Pero o peor aínda estaba por saberse. Un cadáver foi localizado polos bombeiros esta madrugada no municipio de Ezprogui. O seu coche foi arrastrado pola enchente do río Cidaco. O hombre, de 25 anos, chegou a avisar o 112 e logrou saír do vehículo, pero as augas arrastrárono e afogou.

A presidenta do Goberno de Navarra en funcións, Uxue Barkos, pediu aos concellos afectados polos anegamentos, que formalicen as peticións para que o Executivo foral e a Delegación do Goberno en Navarra poidan tramitar a declaración como zona catastrófica.

A enchente do río Cidacos fixo que pasara de 11 centímetros de altura a máis de catro metros. Son datos do Goberno navarro. Os veciños son os que agora non descansan para tentar volver as súas vilas á normalidade, e canto antes.

As previsións quedaron curtas. Navarra tiña aviso amarelo, o máis baixo dos tres existentes, esperando ata 15 litros nunha hora. A media tarde, elevouse a laranxa pola posibilidade de 40 litros. Pero esa cifra triplicouse convertendo as chuvias nas peores dos últimos 40 anos.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/07/2019