CRTVG

Buscar

As inundacións deixan once mortos e miles de evacuados na India

Publicado o 27/09/2019 08:31

Unha inundación na India deixa once persoas mortas e miles de evacuadas. Foi un asolagamento repentino que afectou o centro e oeste do país e que ocasionou numerosos danos no estado de Maharashtra na xornada.

Na cidade de Pune quedaron moitos coches danados e a auga deixou estragos en numerosas vivendas. O balance provisional desta riada inesperada indica que hai once persoas mortas e contan as evacuadas por miles. Son vítimas que hai que engadir aos preto de 300 mortos e un millón de desprazados que deixou a forte chuvia monzónica rexistrada en só dúas semanas de agosto.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019