CRTVG

Buscar

A intensa chuvia puido causar o derrubamento dun muro nun parque da Coruña

Publicado o 15/12/2019 21:09

Falta a confirmación dos técnicos, pero semella que as intensas precipitacións das últimas horas están relacionadas coa caída dunha parte do muro do parque de Oza. É a consecuencia máis visible dunha chuvia que regalou unha breve tregua durante a tarde. Na Coruña foi posible pasear sen paraugas.

O que non mudou foi o estado do mar. Segue activo un aviso laranxa en toda a costa galega por ondas de máis de seis metros. Agárdase unha melloría a partir da tarde de mañá, pero o mércores vai entrar un novo temporal con vento forte e moito mar. A nova borrasca chegará cun descenso das temperaturas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/12/2019