O incendio do Ceao a vista de dron
Publicado o 13/04/2021 15:04
As imaxes do inicio do incendio do Ceao contrastan coas que se ven hoxe. O lume e o fume intensos deron paso a unhas esceas de desolación e ruina nas naves afectadas polas lapas.
Os bombeiros seguen cos traballos na zona, para tentar acondicionala, poder facer balance de danos canto antes e retomar a actividade tan pronto como se poida. A tecnoloxía dos drons permite captar o desastre en toda a súa magnitude.