CRTVG

Buscar

As Canarias e as Baleares son os destinos preferidos da poboación galega para este verán

Publicado o 25/06/2021 20:49

Os destinos de sol e praia seguen a ser a opción que desperta maior interese entre os galegos que viaxarán este verán. Os destinos máis buscados estes días nas axencias de viaxes son Andalucía e a costa mediterránea, na Península, pero sobre todo as illas.

Para o turista galego os destinos seguros seguen a ser os españois polo que aínda son poucos os que se animan a viaxar ao estranxeiro. Nas axencias din que polo de agora está a haber máis solicitudes de información e consultas que reservas.

Agardan que este verán sexa o paso definitivo cara a reactivación do turismo.

Noticias web

25/06/2021