CRTVG

Buscar

As herdanzas en vida non paran de crecer en Galicia

Publicado o 18/01/2020 19:55

As herdanzas en vida rexistraron un novo récord histórico durante o ano pasado en Galicia. Preto de 33.000 galegos recibiron bens mediante pactos sucesorios ao longo de 2019. Asinaronse case 90 ao día. As vantaxes fiscais son un dos motivos polos que esta cifra vai a máis cada ano dende 2016.

A posibilidade de levar a cabo herdanzas en vida existe en Galicia dende o ano 1995 pero non foi ata hai catro anos cando comezaron a medrar o número de pactos sucesorios entre vivos que se asinan na nosa comunidade.

Os bens recibidos a través destes pactos sucesorios están exentos ademáis de tributar no IRPF como ganancia patrimonial. Motivos que levaron o ano pasado a case 33 mil galegos a optar por esta opción segundo a Axencia Tributaria. Son 11 mil máis que en 2016.

As bonificacións fiscais só afectan a familiares directos: pais, fillos, netos ou conxuxes.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/01/2020