CRTVG

Buscar

As guardesas de ouro

Publicado o 03/06/2017 18:59

Soñando. Así é como está o Atlético Guardés, e toda A Guarda, tras gañar o ansiado título da liga de balonmán.

Campionato que chega só cinco temporadas despois de conseguir o seu primeiro ascenso á División de Honra feminina. Un camiño que pagou a pena, e que foi máis longo para uns que para outros...

Aínda estaban espertas o venres, cando adestraron por última vez antes do decisivo encontro final, aínda non eran moi conscientes do que estaban por vivir, pero comezaban a sentir algunhas que outras cóxegas nerviosas.

Todas esas bolboretas calmaron o seu voo cando o árbitro pitou o inicio do encontro o sábado, e uníronse a un Pavillón da Sangriña totalmente entregado para levar ata as nubes o Atlético Guardés. 

Despois de tanta felicidade e celebración, parecía a hora de volver a terra e descansar... Ata que o club confirmou que o Mecalia Atlético Guardés disputara, custe o que custe, a Champions League de balonmán a próxima temporada. 

Non as perdan de vista. O soño continúa en setembro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/06/2017