CRTVG

Buscar

As grandes superficies poderán abrir 10 festivos e domingos en Galicia en 2021

Publicado o 13/10/2020 16:41

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica os 10 domingos e festivos que poderán abrir as grandes superficies comerciais no ano 2021.   

Segundo explica a Xunta, esta cifra de 10 días é a mesma ca a doutros anos e as datas establecéronse despois de consultar coas principais organizacións do comercio.   

Estas datas non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que conta con liberdade horaria. Os concellos poden solicitar ata o 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para adaptalas ás súas características.   

En concreto, estes dez días que abrirán en 2021 son: os dous primeiros domingos do ano (3 e 10 de xaneiro), Xoves Santo (1 de abril), os domingos 31 de outubro, 28 de novembro e 5 de decembro; o 8 de decembro (Inmaculada Concepción) e os domingos do 12, 19 e 26 de decembro.