CRTVG

Buscar

As grandes superficies comerciais investirán en Galicia 215 millóns de euros

Publicado o 01/03/2019 19:09

Malia aos cambios nos hábitos de consumo, Galicia segue a ser atractiva para os investidores en grandes superficies comerciais. 215 millóns de euros están comprometidos para media ducia de proxectos, que suman máis dun millón de metros cadrados de área comercial. 

A provincia de Ourense concentra unha parte importante dese investimento, con tres proxectos na capital e nos concellos lindeiros. Un total de 60 millóns de euros nunha área comercial múltiple, un centro de bricolaxe e un gran supermercado.

O proxecto de Vialia en Vigo, da inmobiliaria Ponteno en Pontevedra ou a remodelación do Dolce Vita na Coruña, súmanse aos ourensáns para completar unha cifra de investimento aproximada de 215 millóns de euros en Galicia. O empresariado galego recoñece o impacto no pequeno comercio, pero ve importantes vantaxes nas grandes superficies.

Coa entrada en servizo en tres anos dos novos proxectos, as grandes áreas comerciais en Galicia superarán o millón de metros cadrados de superficie.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/03/2019