CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

As grandes ondas que arrasaron o litoral de Arteixo derrubaron un muro

Publicado o 22/02/2018 14:22
As ondas dos últimos días viñan con tanta forza, que deixaron pegada ben visible no litoral de Arteixo e derrubaron o muro dunha leira particular no Reiro.

O muro caeu sobre o inmenso pedregal no que quedou convertida a praia. É un peche duns tres metros de alto que estaba a ser revisado nas últimas horas para saber o alcance dos danos e as alternativas de arranxo.
Neste mesmo areal hai tamén danos nunha balaustrada, igual ca noutra praia de Barrañán.
Desde o concello de Arteixo indicaron que os amaños, que se levan a cabo con Costas, se van realizar entre os meses de abril e maio para que os areais queden listos xa para o verán.