CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

As Google Glass preséntanse en Santiago

Publicado o 24/04/2014 15:22
Moita expectación hoxe en Santiago para ver de cerca e mesmo probar as Google Glass, as lentes interactivas que sairán ao mercado este ano e que funcionan como un teléfono intelixente sen necesidade de usar as mans. O Centro de Innovación Tecnolóxica da Universidade Compostelá acolleu a presentación deste produto que aínda non saíu ao mercado.

Navegar pola internet, facer fotos ou gravar videos e retransmitilos en tempo real son algunhas das funcionalidades deste novo enxeño tecnolóxico, que hoxe puideron ver e probar os que se achegaron ao edificio Citius da Universidade de Santiago.

Na actualidade trabállase, sobre todo, no desenvolvemento de aplicacións destinadas a usos industriais e profesionais. Cirurxía, estatística en tempo real ou xeolocalización son algúns dos múltiples usos que podería ter no futuro Google Glass. Polo de agora, o prototipo xa espertou tal expectación que todos queren probalo.

Logo da venda dun número moi limitado de unidades nos Estados Unidos, agárdase que, antes de finais de ano, se comercialicen de forma masiva e cun prezo bastante inferior aos 1.500 dólares que pagaron os primeiros propietarios.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí