CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

As fotografías máis antigas de Galicia datan de 1858

Publicado o 03/11/2013 21:29


Sabían que as fotografías máis antigas que se documentan en Galicia datan de 1858? Son catorce imaxes de Santiago realizadas por Andrés Cisneros e atopounas no Palacio Real de Madrid o editor Henrique Alvarellos.

A imaxe en branco e negro forma parte dun álbum que recolle as catorce fotografías máis antigas que hai documentadas en Galicia. Sacounas en Santiago en 1858 Andrés Cisneros, que agasallou con este álbum a raíña Isabel II durante a súa visita á cidade en setembro dese ano.

E localizounas século e medio máis tarde o editor Henrique Alvarellos, cando rebuscaba no Palacio Real fotos do Centenario da Exposición Rexional Galega.

O descubrimento tamén nos demostra que aquela pequena Compostela de 20 mil habitantes xa estaba á vangarda en artes coma a fotografía, obtidas aínda por un rudimentario sistema de placa húmida.

Neste caso, por fortuna, os escenarios case non cambiaron e son retratados a diario por miles de dispositivos.Pero estas imaxes sempre serán únicas. Porque nos falan da fotografía na Historia, sen esquecer a historia que agocha cada fotografía.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí