CRTVG

Buscar

As forzas kurdas anuncian a fin do Estado Islámico

Publicado o 23/03/2019 13:41

As milicias kurdas, aliadas da coalición internacional, anunciaron hoxe a derrota do autoproclamado Estado Islámico, en Siria.
Onde onte ondeaban as bandeiras negras do ISIS amenceron as amarelas das Forzas Sirias Democráticas, tras finalizar a conquista de Al Baguz, a última localidade do "califato", proclamado en 2014, e que deixou miles de vítimas e desprazados.
Este anuncio produciuse horas despois de que a Casa Branca proclamara este venres a vitoria contra o Estado Islámico, tras os bombardeos dos avións da coalición internacional sobre as últimas posicións dos xihadistas, nas proximidades de Al Baguz.
 

Noticias web

23/03/2019