CRTVG

Buscar

As forzas de seguridade vixiarán que non haxa aglomeracións na Noitevella

Publicado o 31/12/2020 16:06

A estas alturas, todos sabemos o que non se pode facer para festexar a Noitevella e como deberiamos comportarnos. Ante posibles ilegalidades, Galicia reforza a vixilancia cun dispositivo especial das forzas de seguridade en cidades e vilas.

A noite do 31 ten un claro carácter festivo e as festas privadas serán un dos pricipais focos de atención dos axentes. Haberá vixiancia especial nas zonas de botellón e locais.

Xuntarse antes das ceas para tomar algo cos amigos é unha moda que se foi impoñendo nos últimos anos. Os axentes tamén estarán pendentes de evitar as aglomeracións.

Calquera celebración que non se axuste á normativa vixente exponse a unha sanción, que nos casos máis graves pode chegar aos 60.000 euros. Desde as forzas de seguridade piden responsabilidade cidadá por un obxectivo común: a saúde.

Noticias web

31/12/2020