As forzas de seguridade vixían o cumprimento do peche perimetral
Publicado o 18/03/2021 13:05

Circularemos con case total normalidade por Galicia, pero, iso si, non podemos saír fóra da comunidade nin se poderá entrar a non ser que teñan causa xustificada.
Galicia, igual ca o resto das comunidades, permanecerá pechada perimetralmente e xa dende primeiras horas da mañá as forzas de seguridade realizan controis coma este na A-8 en Ribadeo para vixiar o cumprimento das restricións.