CRTVG

Buscar

A forte chuvia provoca importantes inundacións en Nimes

Publicado o 15/09/2021 08:29
A forte chuvia provoca importantes inundacións en Nimes

As fortes precipitacións caídas nas últimas horas sobre a zona sur de Francia provocaron importantes inundacións na cidade de Nimes. Vinte e tres persoas foron rescatadas polos bombeiros despois de quedar atrapadas nos seus vehículos.

A gran cantidade de auga acumulada nalgunhas zonas obrigou a cortar unha das principais autoestradas e varias vías secundarias. Segundo o servizo meteorolóxico francés, na cidade de Nimes recolléronse ata 300 litros por metro cadrado en só catro horas.

Noticias web

15/09/2021