CRTVG

Buscar

As florerías recomendan reservar con tempo para o Día de Defuntos

Publicado o 21/10/2020 14:38

Tras as perdas rexistradas desde que nas vésperas de San Xosé se decretara o estado de alarma e sen os eventos propios do verán, as florerías buscan agora unha inxección de traballo no Día de Defuntos. Ante as dificultades ocasionadas pola pandemia, recomendan reservar con antelación.

"Que vaian facendo os encargos nas tendas habituaos para que os floristas se provexan de material e  vaia todo lixeiro. Que adianten un pouco e en vez de esperar ao día un que vaian o 29, 30 e 31", di Xesús de Dios, presidente da Asociación de Floristas de Ourense.

Recomendan ademais deixarse asesorar polos floristas e mercar produto nacional fronte ao foráneo, máis difícil de conseguir. "Mellor mercar producto e flor nacional, preferiblemente de Galicia", din.

Unha cita cos camposantos que xera moitas dúbidas sobre como se van xestionar, sobre todo para os que teñen os seus seres queridos soterrados noutros concellos.

Desde a Asociación de Floristas de Ourense estan a estudar a opción, non exenta de dificultades, de poder ofrecer un servizo de envío directo dos encargos aos camposantos.

Noticias web

21/10/2020