CRTVG

Buscar

As festas populares aspiran ser Ben de Interese Cultural

Publicado o 17/10/2019 16:15

Quen non bailou este verán ao ritmo dunha orquestra, se emocionou coa procesion. Música, tradición e devoción... forman parte da identidade das nosas festas patronais e parroquiais. Ligadas á estrutura do noso territorio, Galicia conta con 790 parroquias, son unha tradición única no mundo. Argumentos suficientes en que se apoia a petición para declaralas Ben de Interese Cultural na categoría de Patrimonio Inmaterial da Humanidade.

"É un reflexo da maneira de vivir o noso tempo de lecer, de organizar as nosas festas que é peculiar e diferente a como se desenvolven en case calquera outro punto do mundo", así o explicaba Raquel Grela, da Asociación galega de Orquestras.

Ademais de protexer e conservar estas celebracións, buscan facilitarlle o traballo ás comisións de festas, responsables de manter viva esta tradición. 

"As festas axudan a que as aldeas e parroquias estean no mapa", dixo Manuel Fariña, da Asociación galega de orquestras.

O expediente chegará nos vindeiros días á Xunta e ao Parlamento unha proposición non de lei á procura do BIC.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019