CRTVG

Buscar

As festas de Marín van apagar sons e luces para que as poidan gozar persoas con autismo

Publicado o 10/07/2019 11:55

En Marín, as festas apagarán o son e as luces das atraccións durante unha hora para que poidan desfrutalas persoas con certos tipos de autismo e outras doenzas ás que o rebumbio da feira lles resulta insoportable. A iniciativa partiu dunha mestra que ten un sobriño cun trastorno do espectro autista


As peticións van mais aló, e piden pictogramas para que os nenos saiban a que atraccións poden subir, e unha regulación de horario e duración dos foguetes.

Un pequeno paso que é moi importante para un colectivo para o que as festas eran unha tortura.

Noticias web

10/07/2019