CRTVG

Buscar

Seguen celebrando festas de estudantes en Santiago, pero agora mesmo cobrando entrada

Publicado o 21/10/2020 16:39

As autoridades sanitarias miran con preocupación as festas da mocidade en pisos. Ante o peche dos locais de ocio nocturno, proliferan nas cidades universitarias como Santiago, e poden ser, din, un foco de contaxio.

Pero este tipo de celebracións está a evolucionar, e xa hai todo un negocio montado arredor das festas en pisos. Cobran entrada e cada convidado leva a súa bebida.

A proliferación de festas en pisos levou o Concello de Santiago a endurecer as sancións, que agora poden chegar ata os 750 euros.

Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago, di que "coas sancións que se están aplicando neste momento, para compensar cunha entrada de 5 euros unha multa de 750, vailles custar un pouco".

Segundo o rexedor compostelán as multas "empezan a ser disuasorias", de forma que xa se comezou a notar que descenderon este tipo de eventos.

A Policía Local mantén activa a vixilancia para evitar este tipo de festas ilegais con entrada de pago.

 

 

Noticias web

21/10/2020