CRTVG

Buscar

As feiras volven con menos postos e máis control de afluencia

Publicado o 05/03/2021 18:28


A desescalada chega tamén aos mercados ao aire libre ou de venda ambulante. Desde hoxe poden abrir, pero con limitacións no número e postos e de afluencia. Nos que hai un cen por cento de postos autorizados poden abrir a metade.

Os que teñan entre 50 e 100 por cento dos postos autorizados, poden abrir o 75 por cento dos habituais, e nos que só hai o 50 por cento dos autorizados poden abrir todos.

Os concellos poden habilitar máis espazos para compensar as limitaciós ou establecer máis días de feira. Tamén poden priorizar comerciantes que teñen produtos de primeira necesidade, como alimentos.

Os clientes terán que manter a distancia de seguridade, e cando non se poida garantir esta norma, restrinxirase o acceso.

A máscara é obrigartoria.

Noticias web

05/03/2021