CRTVG

Buscar

As feiras de gando poderán volver celebrarse a partir do sábado

Publicado o 22/05/2020 16:18

De entrada, nada de ir dar un paseo pola feira. Só poderán participar nelas as persoas acreditadas para a compravenda de gando e o seu transporte, que deberán levar máscara e manter as distancias de seguridade. Ademais, o recinto terá que instalar pantallas e habilitar distintos puntos de entrada e saída, se é posible, para evitar o contacto entre persoas. En Silleda e Amio, onde se celebran as dúas citas semanais máis importantes da comunidade, traballan contra o reloxo para adaptarse ao novo protocolo.

Máis difícil o teñen en Amio, por ser un mercado de trato, o que obriga ao contacto directo entre o vendedor e o comprador. Segundo establece a nova normativa, e sempre que sexa posible, para facer efectivas as transaccións comerciais habilitarase unha zona con mesas dotadas de pantallas ou outros elementos que aseguren o distanciamento entre os operadores. En todos os casos, as cargas e descargas e os controis veterinarios serán graduais.

Manteranse abertas as portas do recinto durante a celebración do mercado, sempre que iso non afecte o benestar dos animais.

Noticias web

22/05/2020