CRTVG

Buscar

As farmacias galegas ofrecen gratis desde este luns tests de saliva de covid−19

Publicado o 23/05/2021 11:24

Ata este xoves Lugo era a única provincia galega que faltaba por ofrecer os tests de saliva para detectar a covid−19.

As farmacias de Sarria xa ofrecen a oportunidade de facelos e, a partir do luns, estarán dispoñibles en todas as boticas da provincia que voluntariamente se inscribiran para ofrecelos.

Na farmacia de Andrea varias persoas solicitaron xa facer o test. Están excluídas aquelas que teñan síntomas, as que tiveron a covid−19 nos últimos tres meses ou as que fixeran unha PCR nos quince días previos. Para poder facer a proba, un ten que ter estar dentro do cribado de idade feito polo Sergas.

Os farmacéuticos concordan en que é unha boa iniciativa. No caso de dar positivo nestas probas, habería que facer unha PCR para confirmalo.

Noticias web

23/05/2021