CRTVG

Buscar

As farmacias emitirán un certificado COVID para poder acceder á hostalaría

Publicado o 28/07/2021 15:43

As farmacias galegas emitirán un certificado no momento aos que realicen un test de antíxenos e dean negativo na proba de covid-19 para poder acceder a calquera establecemento de hostalaría.

A partir de mañá os mozos terano máis fácil para entrar na hostalería dos concellos con maiores restricións. O resultado da proba de antíxenos que merquen e fagan dentro dunha farmacia terá validez legal.

O servizo diríxese a menores de 35 anos que non estean inmunizados. Primeiro terán que asinar un consentimento e despois facer a proba sen abandonar o local e diante do farmacéutico.

Se o resultado é positivo, a farmacia avisará o Sergas e a persoa terá que illarse. Se é negativo, recibirá un certificado en papel ou correo electrónico cunha validez de 72 horas. Nas boticas aconsellan pedir cita previa para maior seguridade.

Os mozos poderán acceder ao servizo de certificado un máximo de 4 veces. Os farmacéuticos recordan tamén que teñen á disposición unha alternativa gratuíta, a PCR de saliva, con resultados en 48 horas.
 

Noticias web

28/07/2021