CRTVG

Buscar

As farmacias de Pontevedra farán probas de diagnose

Publicado o 03/02/2021 15:32

As farmacias de Pontevedra serán un elemento esencial para os cribados poboacionais, xa que comezarán a facer probas diagnósticas. Encargaranse de tomar mostras de saliva en bote, que despois serán procesadas por PCR. É a coñecida como técnica do pooling.

"O que fará o farmacéutico será ofrecer á poboación diana participar neste cribado", di Alba Soutelo, presidenta do Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra.

Ademais, os participantes no cribado non poderán ter un resultado positivo nos últimos 3 meses, e serán asintomáticos. Do contrario, serán derivados ao médico. A idea, din dende a Xunta, é que o programa se estenda tamén a farmacias doutras provincias galegas. Ademais tamén se incorporan novos equipos de detección por tests de antíxenos nos servizos de urxencias. 

"Unha técnica en que o procesado é automático, hai un dispositivo que procesa o test e que da un resultado obxectivo, ten maior sensibilidade e a información descárgase nos sistemas de información corporativos", explica o conselleiro de educación, Julio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade

O obxectivo: detectar asintomáticos e ampliar a capacidade diagnóstica cunha única idea: vencer o virus.

Noticias web

03/02/2021