As farmacias de Ourense fixeron xa seis mil tests rápidos
"Imos retirarche un pouquiño de sangue para facer a proba das inmunoglubulinas para ver se hai anticorpos creados" lle explican a un dos cidadáns que acoden a unha farmacia de Ourense para facerse un dos tests rápidos. "Xa que é de balde dixen, imos mirar a ver que tal estamos para facela, e vin aquí e apunteime e chamáronme para hoxe", explica tras realizar a proba.
Nesta farmacia da cidade de Ourense, de 320 tests rápidos, dous deron postivo. "É unha toma con sangue, un par de pingas de sangue, e pasados quince minutos diche se tes inmoglobina G que xa o pasaches, ou se tes a M que está activo o virus, despois nós trasmitímolo ao Sergas e contrástase cunha PCR", di o farmacéutico Mauro Carrillo.
"O test saíu negativo, pero que saibas que non se pode desbotar unha infección por SARS -CoV-2 porque existe o período de latencia pero en principio están os dous negativos", dinlle tras realizar a pobra.
"Vin porque unha das miñas sobriñas a compañeira de piso deu positivo e fomos todos facer a proba e moi contenta porque deu negativo a seguir para adiante e aseguir coidándose", di unha rapaza.
Son xa máis de 6.000 as persoas asintomáticas que voluntariamente decidiron acudir nestas dúas semanas a algunha das farmacias, entre o máis de medio cento que hai nas localidades con máis incidencia de Covid na provincia de Ourense.
"O obxectivo era cribar eses pacientes que eran asintomáticos, unha vez que se ratifique que son positivos a través do Radar Covid do Sergas como teñen que estar no seu domicilio evitamos que eses posibles focos de contaxios estean pola rúa", asegura Santiago Leyes Vence, presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense.
Continuarán facendo estas probas, como mínimo, durante todo o mes de novembro. Teñen que pedir cita previamente na páxina do Colexio de Farmacéuticos de Ourense ou nas propias farmacias que as realizan.