CRTVG

Buscar

As familias quéixanse de falta de información nos centros educativos

Publicado o 28/11/2020 14:40


As familias cren que a incidencia da pandemia nos colexios non está sendo excesivamente preocupante pola dedicación dos docentes e porque os pais tamén intentan facelo o mellor posible pero quéixanse de falta de información.

Ana Isabel Sanclaudio Lahuín Membro da xunta directiva de Confapa-Galicia "Cando hai un positivo nun centro, por exemplo, que se coñece pola prensa, non é o propio centro o que nos conta as cousas, senón que é pola prensa ou porque o teu fillo che conta fulanito non veu, entonces, claro, por que non veu, foi pola covid ou por que torceu un pé, non se sabe"

Na Confederación de Federación de Asociacións de Pais de alumnos de centros públicos, Confapa, cren que deben ser os ceantros os que, respectando a confidencialidade, tranquilicen os pais. Tampouco teñen moi claro como se vai manter a ventilación nas aulas a poucas semanas de comezar o inverno.

 Ana Isabel Sanclaudio Lahuín Membro da xunta directiva de Confapa-GALICIA "Hai centros en que se abren as ventás entra a auga para dentro e os nenos están postos, como hai separación nos extremos, e a auga se está entrando pola fiestra terán que pechala"

Segundo parece, neste outono xa houbo unha repunta de casos de bronquiolite entre os rapaces máis pequenos. As familias pídenlle á administración que conte con elas para buscar unha solución urxente que permita ventilar as aulas sen que os escolares pasen frío.

 Ana Isabel Sanclaudio Lahuín Membro da xunta directiva de Confapa-Galicia "Os pais non só son pais, teñen unha profesión detrás, entón quen che di que non pode haber algún que achegue unha proposta científica, máis técnica, non podemos pechar portas"




 

Noticias web

28/11/2020