CRTVG

Buscar

As familias piden que se recuperen os 44 corpos do ARA San Juan

Publicado o 17/11/2018 21:20

A Armada arxentina confirmou que o submarino ARA San Juan, localizado esta madrugada despois dun ano desaparecido, partiu en varios pedazos. Foi xusto na zona onde as axencias internacionais detectaran unha explosión na data da desaparición. Arxentina, Cristina Terceiro.

Rematou a busca, e con ela debera acabar tamén este ano e un día de angustia e incerteza para as familias dos 44 tripulantes do ARA San Juan.Cando xa todo indicaba que a misión de busca finalizaba, unha última decisión da compañía estadounidense de volver revisar algún dos puntos documentados, deu resultado. Os restos do San Juan apareceron a máis de 900 metros de profundidade, na zona onde o sistema de alertas militares detectara unha explosión o 15 de novembro de 2017.

Agora, a ansia das familias é saber que pasou cos seus e ver se se poden recuperar os corpos. "Temos a esperanza de que escoiten os familiares e que por respecto a nós e ao noso dó queiran reflotalo porque sabemos que a empresa está preparada para facelo. Xa o localizaron, agora que nos entreguen os nosos familiares."Segundo as imaxes obtidas polo robot mergullado detectáronse tres partes de menores dimensións e unha cuarta que se correspondería coa sección maior, que é o casco resistente e habitable. Aí é a onde piden as familias que se chegue.

O casco resistente está nunha soa peza, pero si deformado e afundido cara ao interior, produto da presión externa da columna hidroestática a 900 metros, que o que fai a presión externa do mar é afundir cara adentro o casco resistente."Con todo, o goberno, con quen as familias foron moi críticas durante este ano de busca, recoñeceu que agora mesmo non ten medios para reflotar o submarino, pero comprometeuse a buscar a verdade

O presidente especificamente díxome que o que tiñamos que facer era atopar o submarino e atopar a verdade e que se faga xustiza. Esa é esta etapa. Atopamos o submarino e falta a etapa de verificar cales foron as causas e se hai responsables que se fagan responsables." É o que agarda tamén a xuíza que leva o caso: poder reconstruír que foi o que pasou no fondo do mar aquel día. As últimas comunicacións desde a nave recollían un incendio supostamente sufocado, e que o submarino continuaba a ruta nunha noite de mar bravo.  

 

 

 

Noticias web

17/11/2018