CRTVG

Buscar

As familias numerosas terán descontos nas autoestradas da Xunta a partir do verán

Publicado o 03/03/2021 15:01

Todas as familias que teñen tres ou máis fillos terán descontos nas autoestradas que dependen da Xunta a partir do verán. Son as vías que van da Coruña a Carballo e a do Val Miñor, entre Vigo e Baiona. Para beneficiarse da rebaixa, as familias terán que ter un dispositivo de telepeaxe asociado á matrícula.

A Xunta estuda agora, cos representantes das familias numerosas, de canto serán os descontos e a fórmula concreta para aplicalos.

Os representantes das familias numerosas valoran que Galicia sexa a primeira comunidade en aplicar este tipo de descontos, e tamén que a Xunta lle pida ao Goberno central unha rebaixa similar na AP-9; neste caso, dun 60 %. O Ministerio de Transportes aínda non respondeu.

Noticias web

03/03/2021